Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Xoves, 02 de setembro de 2010 | 21:25

Español | English | Français

Mapa web | Contacto



ANTE OBSERVACIÓNS REALIZADAS POR ACHEGADOS DA FAMILIA

O Colexio de Xornalistas insta a actuar con rigor no caso da desaparición de Sonia Iglesias

02/09/2010 Ante algunhas observacións realizadas ante o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) por persoas achegadas á familia de Sonia Iglesias, a Xunta de Goberno fai un chamamento a medios e a profesionais para teñan unha especial observancia dos condicionamentos deontolóxicos da profesión, en especial os referidos á diferenza entre feitos e suposicións, e ao dereito á intimidade das persoas.

Jacinto Rey

AS VENDAS, MÁIS DE 1,5 MILLÓNS EN 2009, PERMITEN IR PAGANDO A DÉBEDA CON CAIXANOVA

Jacinto Rey non pode pechar 'A Nosa Terra' sen negociar un plan de viabilidade

02/09/2010 O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) reclama ao Grupo San José, propietario do semanario A Nosa Terra (ANT), o mantemento do máximo número posíbel de postos de traballo neste medio de comunicación.

TVG GASTARÁ 500.000 EUROS MENOS NA RETRANSMISIÓN EN DIRECTO TRAS ''OPTIMIZAR RECURSOS''

A Xunta busca patrocinadores para rebaixar a tres millóns o custo da viaxe do Papa

02/09/2010 Boa parte do mundo mirará cara a Galicia o día 6 de novembro. Polo menos 150 millóns de persoas farano grazas á televisión. A repercusión da mediática visita de Benedito XVI é o principal argumento esgrimido polo conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, para xustificar o diñeiro que terán que desembolsar as arcas públicas durante a vertixinosa estancia papal.

Cospedal na súa intervención

SE GAÑAR AS ELECCIÓNS Á PRESIDENCIA DA COMUNIDADE

Cospedal propón privatizar a televisión autonómica de Castela-A Mancha

02/09/2010 A presidenta do PP de Castela-A Mancha, María Dolores de Cospedal, propuxo onte privatizar o ente público Radio Televisión Castela-A Mancha (RTVCM), dentro dun plan de 48 medidas 'anticrisis' que será o xerme do seu programa electoral como candidata á Presidencia da rexión.

Ler máis novas

Dosieres

José Couso

O xuíz ordena deter aos militares sospeitosos de matar a José Couso

O xuíz Pedraz ordena busca e captura e ingreso en prisión para os tres militares estadounidenses sospeitosos da morte de José Couso, e pide autorización ao CGPJ para viaxar a Iraq entre outubro e novembro para facer unha inspección ocular de lugares dos feitos.
Entrar



Outros dosieres


'A Televisión e a Radio galegas fixeron tanto ou máis que outras institucións para consolidar a Autonomía de Galicia, e deberían coidalas'

15/07/2010 O decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Xosé Manuel Pereiro, compareceu esta mañá perante a Comisión do Parlamento de Galicia para a reforma da CRTVG, e sinalou a necesidade e urxencia de desgubernamentalizar os medios públicos para garantir que estean ao servizo da pluralidade da sociedade galega, e cumpran o seu papel de servizo público esencial.


O Colexio de Xornalistas expresa a súa satisfacción pola decisión de Tribunal Supremo de ordenar a reapertura do caso Couso

07/07/2010 A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere expresar a súa satisfacción pola decisión do Tribunal Supremo de ordenarlle á Audiencia Nacional a reapertura da investigación pola morte do cámara galego de Telecinco, José Couso, no Hotel Palestine de Bagdad, en abril de 2003.


Novas anteriores

SBT despide sete traballadores dos informativos da radio e televisión autonómica

26/08/2010 A empresa concesionària dos servizos informativos de IB3 despediu sete traballadores da radio e a televisión pública. Este ano son xa 48 os traballadores despedidos por esta empresa propiedade de Jacinto Farrús.


A FIP alerta sobre a escalada de violencia en México

31/08/2010 A Federación Internacional de Xornalistas (FIP) publicou un comunicado no que condena o máis recente acto terrorista contra Televisa, no Estado de Tamaulipas, e alerta da escalada da violencia en México, que tamén afecta a xornalistas e medios de comunicación.


Novas anteriores

O presidente e conselleiro delegado do grupo editor da Nosa Terra, Afonso Eiré, na súa redacción (Foto: Lalo R. Villar)

'A Nosa Terra' vólvese virtual

01/09/2010 Leva máis dun século sorteando dificultades, censuras directas ou encubertas e obstáculos de toda índole. Pero sobrevivindo. Aínda que a partir de hoxe, de novo e por enésima vez na súa historia, a cabeceira da prensa en galego máis antiga, A Nosa Terra, faltará á súa cita semanal cos quioscos.


Antenas de radiodifusión

A Xunta autoriza a transformación en licenzas de 92 concesións de radiodifusión

01/09/2010 A Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) o acordo do Consello da Xunta do 29 de xullo polo que se autoriza a transformación das concesións definitivas de radiodifusión en ondas métricas con modulación de frecuencia en licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica. O acordo coñeceuse onte coa súa publicación no DOG, pois o citado 29 de xullo non se fixo público este acordo.


Novas anteriores

Subtitulado en RTVE

As persoas con discapacidade piden que a publicidade na televisión sexa accesible

27/07/2010 O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) formulou ao Goberno estatal unha modificación normativa da Lei Xeral de Publicidade que obrigue en que todos os anuncios que se emitan por canles de televisión sexan accesibles persoas con discapacidade.


Imaxe do portal

Lanzan un portal sobre cambio climático para xornalistas

26/07/2010 A Axencia de Noticias dos Dereitos da Infancia (ANDI) lanzou a versión en español do portal Cambio Climático, un sitio con recursos para xornalistas que cubran informacións relacionadas con este asunto.


Novas anteriores

Avisos

Axenda

02 de setembro 2010
Afro Modern: Viaxes a través do Atlántico negro
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) inaugura o venres 16 de Xullo a exposición 'Afro Modern: Viaxes a través do Atlántico negro'.
Luis Seoane: Antigo guerreiro, 1954. Témpera sobre papel'Heroes e Guerreiros' e 'Doce Cabezas'
A partir do 28 de xullo e ata o 10 de outubro, a Fundación Luis Seoane acollerá dúas novas exposicións dedicadas á obra de Luis Seoane: Heroes e Guerreiros e Doce Cabezas.
25 anos da CRTVG
A Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) ofrece na sala Nauta de Sanxenxo unha exposición con motivo do seu 25 aniversario ata o vindeiro domingo.

Cursos

Ciberxonalismo. Produción de contidos para a rede
[28/10/2010 - 27/01/2011]

FIP

FIP Federación Internacional de Xornalistas


SXG

SXG Sindicato de Xornalistas de Galicia


CPC

CPC Col·legi de Periodistes de Catalunya


AGARESO

AGARESO Reporteiros Galegos Solidarios


FOP

FOP Foro de Organizaciones de Periodistas


FeSP

FeSP Federación de Sindicatos de Periodistas


Eu.gal

Eu.gal Asociación PuntoGal, por un dominio galego


A Mesa

A Mesa A Mesa pola Normalización Lingüística




© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación